O Concello pagou 11 millóns de euros a provedores no primeiro trimestre do ano

    5
    • A demora media de pago foi de 45,69 días

    O Concello de Pontevedra paga aos seus provedores en tempo, cunha media de
    45,69 días de demora cando o prazo idóneo fixado é de 60. O dato correspóndese
    co balance contable do primeiro trimestre do ano presentado hoxe polo concelleiro
    de Economía e Facenda e portavoz do Goberno local, Raimundo González.
    A administración local saldou contas por un total de 11.042.538,8 euros, dos que
    10.775.905,26 euros – o 97,5% do total- foron para pagar a provedores do Concello
    e o resto son facturas emitidas polo Pazo de Cultura e Turismo (organismos
    autónomos).
    Segundo os datos facilitados polo concelleiro Raimundo González, do 1 de xaneiro
    ao 31 de marzo, pagáronse 2.491 facturas do Concello, máis 78 do Pazo e 34 de
    Turismo.
    O concelleiro de Economía e Facenda subliña o incremento crecente da contía dos
    pagos do Concello:
    1er trimestre 2017: 10.775.000 euros
    1er trimestre 2016: 9.106.000 euros
    1er trimestre 2015: 6.250.000 euros

    COMPARTIR