Chega Sete Falares

    18
    • O Encontro Internacional de Contadores/as de Historias desenvolverase do 8 ao 10
      de xuño por distintos espazos da cidade

    Pontevedra acollerá do 8 ao 11 de xuño a sexta edición do Encontro Internacional de
    Contadores/as de historias, Sete Falares. Un proxecto que, como explica a
    concelleira de Festas e Dinamización Cultural, Carme Da Silva, “pretende dúas
    cousas: dar a coñecer e divulgar unha actividade artística e cultural importante como
    é contar historias, que ademais está moi vinculada a tradición cultural galega, e
    tamén utilizar os distintos espazos do concello, como as Ruínas de San Domingos, a
    Casa das Campás, o Teatro Principal ou o CITA como escenarios de actividades
    culturais”.

    Serán catro días moi intensos nos que contadores de historias como os galegos
    Celso Fernández Sanmartín ou Bea Campos, os portugueses Cristina Taquelim ou
    Carlos Marques; a uruguaia afincada en Cataluña Patricia Mcgill e Pavís-Pavós,
    (Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso) sairán a escena con contos na procura de
    espectadores/as atentos e activos. Non faltará a música, da man dos galegos José
    Manuel Díaz e Felipe Vilar.

    Sete Falares é unha iniciativa de Pavís Pavós e o Concello de Pontevedra e nesta
    sexta edición chega con novidades como o cara a cara “De dúas a dúas” (Cristina
    Taquelim e Patricia Mcgill) e “De dous a dous” (Carlos Marques e Ceslo Fernández
    Sanmartín) ou o roteiro nocturno “Ruta de historias no Museo de Pontevedra”.

    O Encontro Internacional de Contadores/As de Historias arrancará con Celso
    Fernández Sanmartin o xoves 8 de xuño, ás 20 horas no Adro da Peregrina
    As máis das actividades son de balde e a entrada é libre até completar aforo. Ë
    preciso retirara invitación para a actividade do Museo, na que haberá catro quendas
    con 60 prazas en cada caso. Se recollerán na porta principal do Sexto Edificio a
    partir das 21.30 horas. A clausura -Rolda de narradores/as- é de pago (3 euros). As
    entradas venderanse na billeteira do Teatro Principal unha hora antes do inicio da
    sesión.
    Infórmate e consulta a programación en: www.setefalares.eu
    facebook- www.facebook.com/setefalares
    twitter @setefalares

    programa_sete_falares_2017

    COMPARTIR