Chega Sete Falares

25
  • O Encontro Internacional de Contadores/as de Historias desenvolverase do 8 ao 10 de xuño en distintos espazos da cidade

Pontevedra acollerá do 8 ao 11 de xuño a sexta edición do Encontro Internacional de Contadores/as de historias, Sete Falares. Un proxecto que, como explica a concelleira de Festas e Dinamización Cultura, Carme Da Silva, “pretende dúas cousas: dar a coñecer e divulgar unha actividade artística e cultural importante como é contar historias, que ademais está moi vinculada a tradición cultural galega e tamén utilizar os distintos espazos do concello, como as Ruínas de San Domingos, a Casa das Campás, o Teatro Principal ou o CITA como escenarios de actividades culturais”

Serán catro días moi intensos nos que contadores de historias como os galegos Celso Fernández Sanmartín ou Bea Campos, os portugueses Cristina Taquelim ou Carlos Marques; a uruguaia afincada en Cataluña Patricia Mcgill e Pavís-Pavós, (Xacobe Rodríguez e Tareixa Alonso) sairán a escena con contos na procura de espectadores/as atentos e activos. Non faltará a música, da man dos galegos José Manuel Díaz e Felipe Vilar.

Sete Falares é unha iniciativa de Pavís Pavós e o Concello de Pontevedra e nesta sexta edición chega con novidades como o cara a cara “De dúas a dúas” (Cristina Taquelim e Patricia Mcgill) e “De dous a dous” (Carlos Marques e Ceslo Fernández Sanmartín) ou o roteiro nocturno “Ruta de historias no Museo de Pontevedra”.

O Encontro Internacional de Contadores/As de Historias arrancará con Celso Fernández Sanmartin o xoves 8 de xuño, ás 20 horas no Adro da Peregrina

As máis das actividades son de balde e a entrada é libre até completar aforo. Ë preciso retirara invitación para a actividade do Museo, na que haberá catro quendas con 60 prazas en cada caso. Se recollerán na porta principal do Sexto Edificio a partir das 21.30 horas. A clausura -Rolda de narradores/as- é de pago (3 euros). As entradas venderanse na billeteira do Teatro Principal unha hora antes do inicio da sesión.

Máis información:
web: www.setefalares.eu
facebook: www.facebook.com/setefalares
twitter: twitter.com/setefalares
Programa de Sete Falares:  Ver PDF

COMPARTIR