Noites Puretas, alternativa de lecer gratuíto para maiores de 30 anos

    13
    • O equipo ARELA II organiza o 27 de maio un programa na praza da Pedreira e na Casa
      da Luz que inclúen Ioga tibetano e obradoiros de Sexualidade, Creatividade e Voz
    • Os interesados poden inscribirse a través do Facebook Noites Abertas

    O equipo ARELA II -xurdido do programa ARELA que promove a Concellería de
    Promoción Económica co fin de mellorar a empregabilidade das persoas- promove unha
    xornada de lecer, dirixida aos maiores de 30 anos. A iniciativa, que leva por nome Noites
    Puretas é un xeito de devolver á sociedade parte das habilidades adquiridas no curso de
    formación.

    Noites Puretas desenvolverase o vindeiro 27 de maio na Casa da Luz e a praza da
    Pedreira, a partir das 17.30 horas. Na Praza da Pedreira realizarase unha sesión de Ioga
    Tibetano mentres que na Casa da Luz impartiranse obradoiros de Sexualidade,
    Creatividade e Voz. Pais e Nais contarán ca posibilidade de deixar os seus peques (de 4
    a 10 anos), atendidos nunha ludoteca. Os interesados/as poderán inscribirse a través do
    Facebook Noites Puretas.

    O deseño e desenrolo da xornada parte do grupo multidisciplinar formado entre os
    integrantes do programa Arela II, o equipo conxuga experiencia en diferentes áreas:
    psicoloxía, comunicación, ioga, ventas, administración, fotografía, deseño gráfico e
    loxística entre outras.

    Despois de avaliar as competencias que achegan os seus membros como grupo, o
    equipo de Arela II decidiu desenvolver unha xornada de lecer, que atenda algunha das
    expectativas dun público maior de 30 anos.

    Primeiro fixeron unha enquisa para ter información sobre actividades que poderían
    interesar a estas persoas, así como a preferencia horaria para levalas a cabo.
    Cunha tormenta de ideas escolleron “Noites Puretas” como marca, unha proposta en ton
    xocoso que deixa aberta a posibilidade de incluír alternativas de diversa índole.

    A xornada nace cos seguintes obxectivos:

    • Desenvolver unha xornada de lecer para maiores de 30 anos, que conxugue opcións
      para diversos perfís de público adulto.
    • Incluír a conciliación como proposta de valor.
    • Contribuír có posicionamento de Pontevedra como cidade centrada nas persoas, que
      máis aló da calidade de vida que ofrece en materia de espazos físicos, presenta
      alternativas para o enriquecemento e deleite de tódolos seus cidadáns.