Pontexadrez / Xadrez na rúa

    7

    Pontevedra vivirá unha gran festa do xadrez os próximos días 26 e 27 de maio con epicentro na praza de España. Dúas citas – Xadrez na Rúa 2017 e o Torneo Escolar VIII PonteXadrez- reunirán máis de 600 xogadores, nenos e nenas os máis e tamén adultos, expertos e principiantes. A Concellería de Deportes e a Escola de Xadrez de Pontevedra están detrás destas iniciativas que tamén teñen unha vertente solidaria, polo que se fai un chamamento aos participantes para que acheguen 1 kg de alimentos non perecedoiros (mellor aceite e fiambre envasado ao baleiro) que irán para o comedor social San Francisco

    Xadrez na Rúa 2017 desenvolverase o venres 26 e vai dirixido á comunidade escolar. 350 nenos e nenas participarán no encontro en horario escolar. Alumnos de distintos colexios (Campolongo, A Xunqueira, Vidal Portela, San José…) xogarán entre si. Ademais este ano os centros educativos participaron nun concurso de debuxo para o cartel do evento.

    O Torneo Escolar VIII PonteXadrez será o sábado 27 e contará coa participación de 280 xogadores de Pontevedra e toda Galicia e outros puntos do Estado como Asturias ou Castela-León e de Portugal.

    Durante as dúas xornadas estará instalada unha exposición itinerante creada por Escola Xadrez Pontevedra que amosa a relación do xadrez coa arte, o cinema, a cultura, poesía, música e o seu valor como ferramenta educativa.

    Máis información: www.xadrezpontevedra.com