Cantos de Taberna di adeus este venres até o 11 de agosto

33
    • Cantarán “Os do Clarete” de Ribadeo nos bares Reixas e Navarra.
    • Máis de 200 persoas ensaian en Lérez, Salcedo e no Gorgullón para participar o 11 de agosto no proxecto “Aquí cántase”. Cantarán pola rúa na Semana da Peregrina.

Os Cantos de Taberna despídense este venres até o vindeiro 11 de agosto, cando se coñecerán os resultados do proxecto “Aquí cántase”, nacido desta exitosa iniciativa da Concellaría de Festas e da asociación Maravallada. Esta última saída dos Cantos de Taberna será este venres polos bares Reixas e Navarra, onde cantará o grupo “Os do Clarete”.

“Os do Clarete” son un grupo de amigos unidos polo canto. Formouse na primavera de 2016 a raíz dos ensaios do “Coro da Mariña” no pobo do Rinlo. O seu nome débese a unha das cancións que interpretan “o clarete”, e unha das primeiras que aprenderon como grupo.

Con esta última actuación da tempada, os Cantos de Taberna din adeus até a semana da Peregrina, cando o 11 de agosto está previsto que canten as máis de 200 persoas que cada semana ensaian en Lérez, Salcedo e Cerponzóns da man de Maravallada. O resultado destes ensaios (mañá será en Salcedo, pola tarde) de “Aquí cántase” verase nas prazas de Ourense, diante do Principal, en Celso García de la Riega e diante do Museo provincial. Todos os participantes ensaian 20 cancións, que será o repertorio que amosen aos pontevedreses o citado 11 de agosto.

As persoas interesadas en participar aínda se poden inscribir en www.pontevedra.gal/supercantos ou no teléfono: 986 80 43 00 ext 7107

Saúdos  ;-))