Máis de 4.150 mozos e mozas participaron en Noites Abertas-2017

58
  •  O Concello asume o 100% do custe -101.642 euros- ao retirar a subvención o Plan de loita contra as drogas do Estado
  • O 54,4% dos participantes, homes e o 45,6%, mulleres e 3 de cada dez tiñan menos de16 anos

Rematada a dezaoito edición de Noites Abertas, é tempo de avaliación e reflexión. 92 propostas ofertadas, 26 días de actividades e 237 sesións, 115 monitores, 4.150 participantes son cifras que falan do éxito do programa de ocio xuvenil que promove a Concellería de Xuventude e que este ano celebrou a súa dezaoito edición.

“O programa alcanzou a maioría de idade e ademais alcanzou a independencia económica” sinala o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña pois “até de agora viñamos percibindo unha subvención do Plan de loita contra as drogas do Estado, arredor do 70% do importe e este ano recibimos 0 euros”.

“O Concello aposta decididamente pola mocidade a aposta decididamente por Noites Abertas, un proxecto que é referencia neste tipo de actividades” engade Alberto Oubiña, polo que asume o 100% do orzamento que este ano foi de 101.642 euros o que supuxo un gasto medio de 24,50 euros por participante.

O monitorado e os responsábeis municipais de Noites Abertas tomaron nota da consideración “moi positiva” dos participantes nas actividades, respecto á oferta, os espazos, materias e horarios e por riba de todo o traballo dos monitores e monitoras. Neste apartado valorouse dun xeito especial o traballo de formación en igualdade e control da linguaxe e actitudes sexistas desenvolvido pola Comisión de Igualdade, creada o pasado ano.

Noites Abertas é un programa na que a participación é un piar fundamental a hora de facer propostas -fixéronse 178 das que foron aceptadas 89- deseñar o programa e sumarse as actividades. É un programa flexible e en continua evolución, subliñou o director do programa, Ignacio Márquez que citou como os próximos retos: reformular a festa final de Noites Abertas (que este ano non houbo) e avanzar nunha proposta de ocio e educacional.

NOITES ABERTAS 2017

  • 13 fins de semana
  • 26 días de actividdes
  • 237 sesións
  • 16 espazos utilizado
  • 92 actividades diferentes
  • 115 monitores
  • 4.105 participantes (fronte a 4.657 en 2016)
  • Orzamento. 101.642 euros
  • Gasto medio por participante 24,50

PERFIL DO PARTICIPANTE

Sexo

  • 54,4% mozOs
  • 45,6% mozAs

Idade

  • -De 12 a 16 anos. 34%
  • -De17a25anos. 53%
  • – 26 e + anos. 13%

Razóns para participar.

  • Entretenemento 53%
  • Aprender 32%
  • Coñecer xente. 14%
  • Outros. 1%

Comisión de Igualdade

O concelleiro de Xuventudes, Alberto Oubiña e o director de Noites Abertas, Ignacio Márquez, subliñaron o papel desenvolvido pola Comisión de Igualdade que con seis cursos de formación dirixidos aos monitorxs, esenciais para a erradicación dos comportamentos e linguaxe sexistas. Neste cursos participaron 81 persoas: 42 mulleres 39 homes.

No desenvolvemento das actividades, avaliaron items como: linguaxe inclusiva, actitude monitorado, actitude participantes, modelos/materiais, distribución espazo, etc.

COMPARTIR