O Concello mellora o parque infantil da rúa Carrasqueira

75
    • A Concellaría de Parques, Xardíns e Praias continúa facendo traballos de mantemento nas áreas infantís seguindo o estudo de diagnóstico elaborado a primeiros de mandato.

A Concellaría de Parques, Xardíns e Praias comezou esta semana a reforma do parque infantil da rúa Carrasqueira, situada no barrio da Parda. A mellora está incluída no estudo de diagnóstico dos parques infantís da cidade que realizou a concellaría a principios de mandato e que está a ordenar as actuacións nas distintas áreas infantís existentes seguindo unha orde de prioridades.

Na rúa Carrasqueira estase a cambiar o chan do parque, que se substituirá por herba sintética e se completará cun novo xogo, ademais de reparar os elementos que poidan estar deteriorados. É un investimento de 9.801 euros.

A Concellaría vén de pór a disposición a ampliación do parque infantil da praza de Europa no barrio de Monte Porreiro, así como o parque da foz dos Gafos, que recentemente substituíu todo o chan por area. Nestes momentos tamén se acomete a retirada dun xogo inclusivo do parque de Barcelos por outro inclusivo.

COMPARTIR