Medio cento de fotógrafos participan este sábado no III Maratón fotográfico

    9
    • Esta terceira edición inclúe como novidade unha categoría para familias, na que
      competirán rapaces de 6 a 13 anos acompañados dun adulto
    • As fotografías terán como temática común á lingua galega

    Un ano máis volve a Pontevedra a súa cita coa fotografía da man do Maratón Fotográfico,
    que celebrará mañá sábado a súa terceira edición, baixo o título “Saca a Lingua”. A saída
    será ás 10.00 horas dende a Casa da Luz e contará coa participación de máis de 50
    fotógrafos -amateurs e profesionais- que terán que que fotografar tres temáticas que se
    desvelarán mañá e que, nesta ocasión, estarán vencelladas á lingua galega.
    Como novidade, incorporase a categoría familia, onde participarán nenas/os de entre 6 e
    13 anos (ambos inclusive) acompañados por un adulto.

    Todos os participantes deberán facer entrega dunha fotografía por cada unha das
    temáticas para poder optar a cada un dos premios que serán outorgados. Coma nas
    anteriores edicións, un xurado formado por profesionais da imaxe, da arte e a cultura será
    o encargado de decidir catro das cinco categorías de premios: mellor fotografía do
    maratón e os gañadores de cada unha das temáticas propostas.

    O quinto premio será outorgado polo público que poderá votar pola súa imaxe favorita na
    Casa da Luz durante a exposición que terá lugar do 5 ao 16 de xuño.

    Respondendo ao mesmo obxectivo de dinamización e de coñecemento da cidade do que
    parte o evento, os premios concedidos consistirán en diversas experiencias en varios
    establecementos de Pontevedra.