Pontevedra promove a primeira delegación empresarial ao exterior

72
  • O modelo urbano leva a Pontevedra a México cunha dobre cita: participar como poñente no Seminario “Datos que transforman” do ITAM e como convidada de honra na Expo- Pymes Cidade de México, escenario que abre as portas a primeira misión comercial
  • Unha vintena de empresas formarán a misión comercial liderada polo alcalde Miguel Fernández Lores
  • Estarán representados os sectores do Turismo, Primaria, Deseño Urbano e Construcion e Creatividade

Pontevedra da un paso adiante no posicionamento do seu modelo urbano no mundo coa organización da primeira delegación comercial no exterior. Será a México DF onde participará como poñente principal no Seminario “Datos que transforman” que organiza o ITAM (Instituto Tecnolóxico Autónomo de México) -unha das universidades máis prestixiosa do país, berce de líderes políticos e un referente nos temas de gobernanza e políticas públicas- e como convidada de honra, xunto a outras catro cidades americanas, na Expo-Pymes da Cidade de México. A presente edición está adicada a “Cidade global, enerxías limpas e loxística de exportación” e o escenario que abre as portas o acompañamento empresarial.

A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, presentou hoxe as dúas citas que se desenvolverán no mes de agosto: do 23 ao 25 a Expo-Pemes e o 29, o seminario e explicou a xéneses desta dobre cita.

“Desde hai un ano temos que falar dunha axenda de promoción da cidade propia e neste camiño que comezamos falando de Pontevedra en outras partes do Estado, noutras partes do mundo ,quixemos dar un chanzo máis e que non só aproveitar a nivel municipal a rendibilidade do modelo se non que esa rendibilidade fora aproveitada por todos o sectores que forman parte da nosa cidade e do arredor” explica Anabel Gulías.

Neste camiño chegou a Alcaldía o convite do ITAM para que Pontevedra fose a poñente principal do Seminario “Datos que transforman” para falar do modelo Pontevedra de “como os políticos e as políticas enfrontan a toma de decisións” . “Somos un referente de cambio de paradigma urbanístico” sinala a concelleira de Promoción da Cidade e por elo estaramos na mesa “Goberno e medición ante os cambios de paradigmas”. “Comoenfrontamos a transformación urbana, que leccións aprendemos no camiño, por que apostamos por un modelo baseado nas persoas cando a aposta eran as smart-cities…” enumera Anabel Gulías son cuestións que estarán enriba de mesa.

Paralelamente chegou o convite da Secretaría de Desenvolvemento Económico de DF, dirixida por un ex-alumno do ITAM, para participar como cidade convidada de honra na Expo-Pymes Cidade de México que este ano desenvólvese baixo o lema “Cidade global, enerxías limpas e loxística de exportación”.

“Somos a única cidade europea convidada de honra, as outras son americanas: Chicago, Phoenix, San Antonio e Los Ángeles” sinala a concelleira. Neste escenario o alcalde Miguel Fernández Lores e Anabel Gulías estarán ao fronte da primeira delegación comercial de Pontevedra no exterior. A Expo-Pymes naceu no ano 2009 para promover o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas, as alianzas comercias ou con clientes estratéxico e as relacións con institucións, entidades financeiras ou organizacións.

Unha vintena de empresas formará a delegación pontevedresa. “Estamos traballando na selección mais o proceso inda está aberto” explica a concelleira de Promoción Económica e da Cidade que si adianta os sectores que previsiblemente estarán representados: turismo, sector primario (alimentación…), deseño urbano e construción e creatividade. As mais serán empresas serán de Pontevedra e arredor mais tamén haberá, se hai interese, doutras parte de Galiza.

Contacto orxinal SChW

Invitación Pontevedra ITAM agosto