Ponteverán encherá de actividades de tempo libre e lecer as vacacións

472

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á mocidade e infancia que promove a Concellería de Xuventude e que este ano inclúe novidades como o obradoiro “Divesidade-On. Ser diferente é normal” o unha estadía na Costa da Morte.

O prazo de pre-inscrición on line, presencial, telefónica e por e-mail ábrese o próximo 5 de xuño. Hai que consultar as datas das actividades. No caso dos campamentos de tempo libre Equal, o prazo será do 5 ao 14 de xuño. Ás máis das actividades son gratuítas.

Nas actividades con pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa documentación necesaria. Poderase consultar as listaxes de admitidos e de agarda na Oficina de Xuventude.

Toda a información en:

  • www.xunventudepontevedra.eu
  • xuventude@pontevedra.eu
  • Concellería de Xuventude. R/Sor Lucía, 2,3a Pontevedra Telf. 986-840.367

Ponteverán ofertará 520 prazas para a realización das distintas actividades e reservaranse o 10% delas para nenos/as e mozas/os derivados de Servizios Sociais. O seu orzamento é de arredor de 35.000 euros.

Educación e lecer van da man neste programa de actividades pensado para ocupar o tempo libre durante as vacacións escolares de verán pero ademais “pon o foco en cinco valores: igualdade, convivencia, respecto ao medio ambiente, coñecemento da nosa cultura e promoción da actividade fisica e do deporte”.

programaPV2017_imprenta