Unha delegación de Guinea Bissau coñece o modelo Pontevedra

31

    • O alcalde e a concelleira de Promoción, Anabel Gulías reciben esta tarde na Casa da Luz á comitiva, logo dunha visita previa á cidade

O Concello de Pontevedra recibe esta tarde á delegación ministerial de Guinea Bissau que está de visita en Pontevedra e en Galiza convidada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A comitiva, encabezada polo ministro de Administración Territorial Guinea-Bissau, está interesada en coñecer o desenvolvemento económico da cidade vinculado ao modelo Pontevedra, polo que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, recibirán aos visitantes a partir das 17.00 horas na Casa da Luz.

Previo a este encontro, a delegación fará unha visita á cidade para coñecer o premiado modelo pontevedrés e tirar aprendizaxe neste momento no que traballan polo desenvolvemento do seu país.

A delegación de Guinea Bissau está integrada por:

    • Sola Naquilin Nabitchita, Ministro da Administración Territorial da República de Guiné-Bissau
    • Micailo Biai, Director de Servizos de Licenciamento e Incentivos ao Investimento
    • Mahalam Mane, Director Xeral do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guiné-Bissau (PNUD)
    • Angela Abdula, Asesora Técnica Principal do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guiné-Bissau (PNUD)
    • Iván Arizcurinaga Vásquez. Consultor do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guiné-Bissau, impulsado polo PNUD.