Luz verde a dez actuacións a cargo dos fondos FEDER- extratexia DUSI

46
  • O Goberno local decide tramitalos como se estiveran autorizados e se ao final non reciben o si seguirán adiante con fondos propios
  • O Ministerio inda non aprobou o manual de procedemento definitivo nin os criterios de seleccións de accións

O Goberno local avanzará na programación das accións da estratexia DUSI mentres agarda as resolucións do Ministerio de Hacienda que poñan claridade aos procesos de tramitación e selección de proxectos que estará cofinanciados polo programa dos fondos FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

A presidenta da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente e coordinadora da Extratexia DUSI, Carme da Silva, deu conta á comisión da situación e explicou que o Concello fixo os deberes para optar a convocatoria, reformular a súa estratexia para adaptarse aos fondos concedidos – correspondentes ao período 2014-2020 inda que a resolución da convocatorio é de decembro de 2016- e iniciar o proceso de tramitación. Mais, explicou como explicou a concelleira “a realidade é que, a día de hoxe o manual de procedemento definitivo para saber como hai que tramitar eses fondos non está aínda aprobado polo Ministerio, os criterios de selección de accións tampouco e a rede informática na que hai que introducir as accións para ver se autorizan ou non inda non está dispoñible porque non se saben os criterios”.

Con esta realidade de fondo decidiuse reformular a programación prevista e introducir na do ano 2017 “aquelas actuacións que entendemos que polas súas características non debían ter ningún problema para ser autorizadas” co fin de acometelas. Se chegado o momento -calcúlase que no mes de decembro ou xaneiro do 2018- autorízanse as actuacións “xa iría con fondos europeos e nos teríamos aportado este ano a parte municipal. De non autorizalas, continuarían con fondos propios” sinalou a coordinadora dos Fondos DUSI. “O que non queremos e correr o risco de non executar durante 2017 nada destes fondos” engadiu.

As actuacións incluídas nesta reprogramación, cun custe de arredor de 5 millóns de euros, para traballar nelas son as seguintes:

  • o pavillón multiusos da Xunqueira
  •  a obra da ponte do Burgo e da rúa Gorgullón
  • o campo de billarda de Salcedo
  • o campo de fútbol de Campaño
  • o parque forestal da Fracha
  •  o núcleo de centralidade parroquial de Tomeza
  • intentarase meter -se os técnicos municipais din que encaixa- a asistencia para os traballos previos para o transporte público á demanda
  • o plan de dinamización da plaza de abastos, que xa está o proxecto feito e para saír a contratación
  • implementación do Plan de igualdade
  • Pontevedra como cidade dos nenos e nenas

Tramitaranse todos os proxectos de acordo as directrices recollidas na convocatoria euroepa. En resume, indicou a concelleira Carme da Silva “imos a tirar con estes proxectos a tratalos como se estivesen autorizados polos fondos, se os autorizan teremos moitísimo traballo adiantado e se non vanse a executar de todos os xeitos”.

COMPARTIR