Mellora da seguranza viaria no Poligono industrial do Campiño

31

O Concello de Pontevedra aprobou na Xunta de Goberno desta semana a apertura da licitación do proxecto de seguranza viaria no Polígono industrial do Campiño por valor de 197.064,51 euros.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o obxectivo é mellorar a accesibilidade e a seguranza viaria no polígono polo que se crearán circuítos peonís e tamén se instalarán lombos, que permitirán evitar as carreiras ilegais que se teñen rexistrado no polígono meses atrás.