Cesión a Xoán XXIII dunha parcela de 4.600 metros para crear un centro especial de emprego

61

O Concello de Pontevedra cederá unha parcela agrupada de 4.676 procedentes do Plan parcial de urbanización “A Corva” e do convenio da Once á Fundación Xoán XXIII durante 75 anos para adicala aos seguintes proxectos:

    • Centro especial de emprego.
    • Emprego con apoio, como complementario do centro especial de emprego e co que se busca a inserción laboral en empresas ordinarias (prospección de emprego, apoio e asesoramento a empresas, formación e inserción laboral en empresas ordinarias e divulgación da metodoloxía Emprego con apoio entre as empresas e colectivos de empresarios).
    • Orientación e intermediación laboral para persoas con discapacidade, como servizo para a planificación de itinerarios persoais de inserción axeitados a cada caso concreto.
    • Centro homologado de formación a desempregados para persoas con discapacidade.
    • Axuste persoal e social dos traballadores do centro especial de emprego e espazo de convivencia, cuxa finalidade é favorecer a calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente intelectual, incluíndo opcións de ocio e culturais.

A Xunta de Goberno Local acordou a exposición pública do proxecto e dos pregos de adxudicación da parcela, antes da adxudicación definitiva.

COMPARTIR