Sae a contratación a rúa do Costado en Mourente, e a conexión entre a Carballeira e O Regueiriño, en Lourizán

37

    • Ambas superan os 450.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o inicio da contratación da rehabilitación da rúa do Costado, que une Santa Margarida con Valdecorvos por 241.653 euros. A licitación da obra ten un prazo de execución de catro meses e incorpora como melloras o entronque coa praza de Santa Margarida, onde remata, a mellora dunha vía perimetral e a colocación de elementos de calmado de tráfico, como lombos.

A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe a contratación da rehabilitación integral da vía Matos da Trepa, que une os lugares da Carballeira e o Regueiriño. O proxecto inclúe  unha actuación nuns 950 metros lineais para facer a rehabilitación integral do firme, a canalización das augas pluviais, calmado de tráfico e a rehabilitación dunha vía lateral.

O orzamento é de 211.832 euros, e un prazo de execución de 4 meses.

Merca de dous vehículos

Tamén aprobou a Xunta de Goberno a merca de dous vehículos: un camión para o servizo de Parques e Xardíns por 57.475 euros e un vehículos para obras por valor de 35.695 euros, ambos a Inturasa Pérez Rumbao.