“Arredor da medianoite”, de B. Tavernier, terceira cita do ciclo Notametraxes-17

    4

      • A proxección será mañá, 7 de xuño, ás 20.00 horas, no Teatro Principal. A entrada é de balde.
      • O Seminario Permanente de Jazz actuará ao remate da película.

    Notametraxes-17, o ciclo de cinema e música en vivo desenvolvido co gallo do 25 aniversario do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, ten mañá, 7 de xuño a súa terceira cita. O Teatro Principal acollerá, ás 20 horas, a proxección do filme “Arredor da medianoite” de Bertrand Tavernier (1986). Ao remate, a música en vivo chegará da man do Seminario Permanente de Jazz (SPJ). A entrada é de balde.

    Ficha da película:

    Arredor da medianoite. USA, Francia | 1986 | Color | 133′ | VOSE

    Director: Bertrand Tavernier

    Tavernier recrea a atmósfera da escena musical parisiense de finais dos cincuenta centrándose na figura de Dale Turner, un saxofonista en horas baixas e serios problemas coa bebida.

    Máis información en http://www.jazzpontevedra.com/

    E no Facebook: @festivaljazzpontevedra

    COMPARTIR