Axudas na ARI dos Camiños de Santiago. Convocatoria 2017.

203

AXUDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL (ARI) DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
Orde do 22 de decembro de 2015 (DOG núm. 246 do 28/12/2015). Ver
Convocatoria 2017. Ver

Prazo para solicitar estas subvencións: a partir do 14/06/2017 ata o esgotamento da partida orzamentaria contida na convocatoria, en todo caso, remata o día 30/11/2017.

Descargar a solicitude Mais información

PERSOAS SOLICITANTES

Poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.

As solicitudes deberán dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS

As axudas contidas no Plan estatal 2013-2016 terán un importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 35 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.

As axudas autonómicas terán un importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 10 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva».

INCOMPATIBILIDADE

Non poderán obter os beneficios deste programa aqueles que se beneficiasen das axudas do programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016, nin as actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas sitos en parroquias de municipios rurais que estean integrados nos ámbitos doutras ARI declaradas.

 

COMPARTIR