Comezan as primeiras restriccións de tráfico para a celebración da Copa de España de Triatlón por Clubs

    12

    COMEZAN AS PRIMEIRAS RESTRICIÓNS DE TRÁFICO PARA A CELEBRACIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE TRIATLON POR CLUBS

    O venres 9 de xuño comezan as primeiras restricións de tráfico por mor da celebración da Copa de España de Triatlón por Clubs.

    A partir das 09:00 horas péchase ao tráfico a Avenida Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e Ponte das Palabras (urbanización Monte Porreiro). Este tramo permanecerá pechado ao tráfico até o remate da Copa e recollida da loxística, aproximadamente o domingo día 22 ás 23:00 horas

    RÚAS DIRECTAMENTE AFECTADAS POLO EVENTO DEPORTIVO

    VENRES 9 DE XUÑO

    • Córtase ao tráfico a Avenida de Bos Aires (tramo Pte. dos Tirantes e Pte das Palabras)

     SABADO 10 DE XUÑO  

    • A partir das 14:30 horas péchase ao tráfico todo o circuíto:
    • Xose Malvar (entre cruce da Seca e a Ponte dos Tirantes).
    • Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras Urbanización Monte Porreiro.
    • Enxeñeiro Rafael Areses
    • Alexandre Bóveda
    • Avenida Compostela (sentido entrada cidade)
    • Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario
    • A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será ás 21:30 horas.

     DOMINGO 11 DE XUÑO

    • A partir das 08:00 horas até as 15:30 horas péchase ao tráfico o circuíto:
      • Xose Malvar (entre cruce da Seca e Ponte dos Tirantes).
      • Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras Urbanización Monte Porreiro.
      • Enxeñeiro Rafael Areses
      • Alexandre Bóveda
      • Avenida Compostela (sentido entrada cidade)
      • Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario
    • A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será as 15:30 horas.

    RESTRICCIÓNS DE APARCAMENTOS

    • A partir das 22 horas do xoves 8 de xuño prohíbese o estacionamento na Avenida de Bos Aires (entre a Ponte dos Tirante e a Ponte das Palabras).
    • A partir das 15 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento en Xose Malvar (entre a rúa da Seca e a Ponte dos Tirantes), Enxeñeiro Rafael Areses, Avenida Compostela, e Avenida de Bos Aires (entre Ponte de Santiago e Ponte dos Tirantes).
    • A partir das 22 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento no Campus Universitario e en Alexandre Bóveda.

    PROGRAMA INFORMACIÓN PERSONALIZADA

    A Policía Local de Pontevedra, dende hoxe, pon en servizo un programa de información personalizada, de tal xeito que ante calquera dúbida todos os cidadáns poden consultar a súa circunstancia especial co relación a mobilidade os días 9 e 10 de xuño.

    As consultas pódense realizar mediante contacto telefónico (986 83 30 80) ou por correo electrónico cetra@pontevedra.eu.

    COMPARTIR