Escolle a túa foto favorita na exposición do Maratón Fotográfico

    11

      • Dende hoxe pode verse na Casa da Luz, e pode votarse até o vindeiro 16 xuño para dar o premio do público.
      • Tamén o 16 de xuño daranse a coñecer o resto de premios da convocatoria.

    Esta mañá foi inaugurada a mostra das fotografías da terceira edición do Maratón Fotográfico organizado polo Concello de Pontevedra. A lingua galega é a protagonista das imaxes dos preto de 50 fotógrafos que o pasado sábado, 27 de maio, percorreron a cidade, baixo o título “Saca a Lingua.

    Nesta ocasión as temáticas estiveron vencelladas a libros de Carlos Casares, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017. Como ven sendo habitual os visitantes da exposición poderán votar pola súa instantánea preferida para elexir o premio do público.

    A mostra estará aberta na Casa da Luz até o vindeiro venres, 16 de xuño, día no se darán a coñecer os gañadores das diferentes categorías: mellor fotografía do certamen, mellor imaxe da cada temática, premio do público e, como novidade, o premio á mellor fotografía en familia.

    Respondendo ao mesmo obxectivo de dinamización e de coñecemento da cidade do que parte o evento, os premios concedidos irán na mesma liña, consistindo en diversas experiencias en varios establecementos situados en Pontevedra.

    Máis información: