Pontevedra súmase á campaña Propón unha muller para o Día das Letras

41

O Concello de Pontevedra, a través do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores sumouse hoxe á campaña Propón unha muller que defende a figura das mulleres como homenaxeadas no Día das Letras Galegas, propoñendo unha campaña de sensibilización sobre o papel da muller na cultura e na sociedade galega facendo un chamamento sobre a necesidade de ter máis mulleres homenaxeadas neste día.

Por este motivo, o alcalde enviou esta mañá unha carta ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes na que se suma á campaña ideada por Polo correo do vento e apoiada polas concellarías de Educación, Igualdade e Normalización Lingüística.

Na misiva agarda que se teñan en consideración as propostas achegadas polos promotores “pois nos tempos que corren cómpre que o pobo galego una as súas forzas cara a unha maior visibilización das mulleres en todos os eidos, nomeadamente na cultura e na lingua, onde os referentes son sempre benvidos”.

Carta alcalde propón unha muller para o Día das Letras