Adxudicado o Plan integral de calmado de tráfico na parroquia de Salcedo

49
    • A empresa E.C.Casas será a encargada de realizalo por 122.000 euros e terá un prazo de execución de 4 meses.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa E.C.Casas do Plan integral de calmado de tráfico na parroquia de Salcedo por 122.805 euros. A empresa, que ofertou como mellora o reforzo da sinalización existente, terá un prazo de 4 meses para executar todo o traballo, logo da sinatura do contrato.

O proxecto de Salcedo supón a instalación de pasos de peóns elevados en distintos puntos da parroquia, especialmente, naquelas zonas máis poboadas, seguindo as peticións do Consello parroquial así como as recomendacións técnicas municipais.

A instalación destes pasos elevados véñense a sumar aos que xa foron instalados na parroquia cando se foron realizando traballos de mellora do firme.

O Plan integral de calmado de tráfico enmárcase dentro da intención do Goberno Local de trasladar as medidas de seguranza de tráfico das vías municipais urbanas ao ámbito rural fixando as prioridades de mobilidade que hai na cidade: primeiro o peón, segundo as bicicletas, e terceiro o transporte motorizado.

Na zona urbana é doado diferenciar entre rúas e estradas, pero na zona rural. Precisamente, a instalación de lombos deixará clara as preferencias de mobilidade nas parroquias.

O da parroquia de Salcedo é o primeiro dos proxectos, pero xa está ultimado o de Mourente e trabállase no de Campañó e Santa María de Xeve.

COMPARTIR