Pechado o acordo coa Afundación para comprar o local de Ferreiros

27

O Concello de Pontevedra aprobou na Xunta de Goberno a adxudicación á A Fundación – Abanca a adquisición do Local situado na rúa Ferreiros esquina Pardo Bazán, de 1.316,29 metros cadrados por un valor de 1.152.000 euros. O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que están pendentes os trámites de Notaría para asinar a escritura pública e pagar o local.

A principal finalidade da compra do local é mellorar a atención cidadá, de tal xeito que todos os servizos de Urbanismo e de Economía se atopen unificados nunha soa planta, e non como na actualidade que están repartidos nos edificios de Churruchaos, o Teatro Principal, o edificio de Michelena e un alugado, en Xofre de Tenorio.

Ademais, tamén permitirá mellorar as condicións de traballo dos empregados públicos destes servizos.

Neste momento, os servizos técnicos municipais xa traballan no proxecto de acondicionamento do local estudando a distribución dos servizos e os fluxos de persoal, que poderá estar rematado nuns dous meses.

COMPARTIR