Limpeza xeral na rúa Nó do Pino

    7

    A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será na rúa Nó do Pino.

    A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

    A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.