A oficina da Feira Franca abre as súas portas o xoves

312
    • Como todos os anos estará nas dependencias municipais da rúa Alfonso XIII.
    • Estará aberta en horario de 10.00 a 14.00 horas até o 15 de xullo.
    • Todas as persoas que queiran participar nas ceas ou xantares, no mercado ou na hostalería da Feira Franca deberán presentar a súa solicitude antes do 15 de xullo nesta oficina.

A Feira Franca abrirá o vindeiro xoves, 15 de xuño, a súa oficina nas dependencias do antigo edificio do Conservatorio de música, na rúa Alfonso XIII. Terá un horario de atención ao público de 10.00 a 14.00 horas. Estará aberta durante un mes, pechará o 15 de xullo.

Como todos os anos, a oficina canalizará peticións, preguntas e reservas de todos os particulares para preparar ceas e xantares, do mercado medieval e da hostalería que queiran montar durante a Feira Franca.

A oficina tamén dispón dun teléfono de contacto para consultar as dúbidas. É o 986 86 05 87 ou a través do correo feirafranca@pontevedra.gal

COMPARTIR