Subvencións ao informe de avaliación dos edificios (IAEd). Convocatoria 2017.

134

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA

Bases reguladoras das subvencións do programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios (IAEd) do Plan estatal 2013-2016. Concocatoria 2017.
Resolución do 19 de maio de 2017_ DOG núm. 111 do 13/06/2017 Ver

Rematou o prazo para solicitar esta subvención.

Mais información

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial que conten co IAEd na data da presentación da solicitude e que cumpran os demais requisitos sinalados.

COBERTURA

Parte dos gastos dos honorarios profesionales derivados da emisión dun informe de avaliación dos edificios que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e do seu estado de conservación.

CONTÍA DAS AXUDAS

A axuda consistirá nunha subvención equivalente a unha cantidade máxima de 20 euros por cada unha das vivendas de que conste o edificio e unha cantidade máxima de 20 euros por cada 100 m2 de superficie útil de local, sen que en ningún caso poida superarse a cantidade de 500 euros, nin o 50% do custo do informe de avaliación do edificio, excluído o IVE correspondente.

SOLICITUDES. LUGAR, PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN

  1. Lugar: vía electrónica https://sede.xunta.gal dirixida á Dirección Xeral do IGVS, as persoas físicas tamén poderán presentar a solicitude en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o modelo que se incorpora como Anexo I á resolución.
  2. Prazo: 2 meses contados a partir do 14/06/2017.

 

 

 

COMPARTIR