Axudas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago

495

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CONVOCATORIA PARA O 2017 DAS SUBVENCIÓNS A FONDO PERDIDO PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
Resolución do 1 de xuño de 2017 (DOG núm. 112 do mércores 14/06/2017 Ver

Rematou o prazo para solicitar esta subvención

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Serán subvenciónables as actuacións previstas no Decreto 44/2011, do 10 de marzo (publicado no DOG núm. 58, do 23 de marzo), que conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidadede, e non fosen subvencionadas con anterioridade.

Estas subvencións son compatibles con calquera axuda establecida en materia de rehabilitación, excepto que as teñan solicitado nos catro anos inmediatemente anteriores ao da presentación desta solicitude de subvención, coa excepción daqueles casos en que non a obtivesen por esgotamento do crédito.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas promotoras das actuacións sempre que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva ou cédula de rehabilitación de calidade.

En ningún caso poderán ser beneficiarias aquelas persoas que as solicitasen nas convocatorias dos últimos catro anos, agás que desistisen expresamente das súas solicitudes, as presentasen fóra de prazo, ou téndoa solicitada dentro de prazo, a data da cualificación definitiva exceda o límite establecido no seu día na correspondente convocatoria.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda é do 50% do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva cun máximo de 6.600 euros, no caso das modalidades de remate de fachada e rehabilitación, e de 8.600 euros, na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas. En todo caso, o importe da subvención non poderá superar a contía do gasto subvencionable.

No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, a subvención máxima prevista calcularase para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras. Para o caso de que, simultaneamente coas obras de elementos comúns, se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subvención total que lle correspondería a cada vivenda no poderá exceder as contías establecidas no parágrafo anterior.

SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  1. Lugar:

    – preferiblemente por vía electrónica (https://sede.xunta.gal). Necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    – tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  2. Prazo:

    O prazo para presentar as solicitudes, xunto coa documentación complementaria exixida no punto noveno da resolución, será  (1) mes, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (14/06/2017) e deberase dirixir á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

Máis información na páxina web oficial da consellería: http://sede.xunta.gal.

Na Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Pontevedra sita na rúa de Don Filiberto, s/n (Edif. Teatro Ppal, 3º andar), tel. 986 804335, enderezo electrónico: otrehabilitación@concellopontevedra.es

COMPARTIR