Subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal 2013-2016. Convocatoria 2017.

158

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

Bases reguladoras das subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. Ver.
Convocatoria 2017. Ver

Rematou o prazo para solicitar esta subvención

Mais información

Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación que consistan na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e no equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que estean finalizados antes de 1981.

  • Que, polo menos, o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.

  • Que, polo menos o 70% das vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.

Excepcionalmente, admitiranse neste programa edificios que, sen cumprir as condicións anteriores:

  • Presenten graves danos estruturais ou doutro tipo, que xustifiquen a súa inclusión no programa.

  • Se destinen na súa totalidade ao alugamento durante, polo menos, 10 anos, contados desde a recepción da axuda.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Son subvencionables as actuacións dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva. (no artigo 3 das bases enuméranse detalladamente as obras subvencionables de acordo as actuacións antes descritas).

As actuacións subvencionables deberán cumprir as condicións particulares que se definen no artigo 4 das bases.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas propietarias únicas de edificios de vivendas.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía máxima das subvencións que se van a conceder por edificio non poderá superar o importe de multiplicar 11.000 € por cada vivenda e por cada 100 m2 de superficie útil de local, ou 12.100 € cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

A contía máxima das subvencións que se van a conceder por edificio non poderá superar o 35 % do custo subvencionable da actuación. Non obstante, no caso de actuacións para a mellora da accesibilidade, e só na partida correspondente á accesibilidade, poderase chegar ao 50 %.

SOLICITUDES. LUGAR, PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN

Lugar: A solicitude de concesión realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I da resolución. Deberá dirixirse a área provincial do IGVS onde estea situado o edificio.
As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente. As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica, tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Prazo: 1 mes contado a partir do 13/06/2017.

As actuacións de rehabilitación poderán estar iniciadas con posterioridade á data de entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 (BOE núm. 86 do 13/04/2013), sempre que non se finalizasen con carácter previo á publicación da convocatoria das axudas (DOG núm. 63 do 04/04/2016).

As obras obxecto desta convocatoria deberán estar finalizadas e xustificadas antes do 30 de novembro de 2017.

COMPARTIR