O parque forestal periurbano da Fracha, máis cerca

120
  • O Concello prepara o prego para a contratación do acondicionamento inicial que terá un custe de 604.794,23 euros
  • Os traballos de posta a punto poderían comezar este ano e terán un prazo máximo de execución de doce mesesO 
  • O Concello asume o mantemento do espazo durante os 35 anos de cesión de uso feito polas comunidades de montes de Marcón, Tomeza e A Canicouva o que suporá 60.000 euros ao ano
  • Terá 26,6 quilómetros de sendas, tres áreas estanciais (de descanso) e miradoiros

 

Elaborado o proxecto e constituída hoxe a Comisión de seguimento do parque forestal periurbano da Fracha, o Concello traballa no prego de condicións para sacar a contratación os traballos de posta a punto do futuro espazo produtivo e de lecer da Fracha que inclúe terreos das comunidades de montes de Marcón, Tomeza e A Canicouva.

O concelleiro de Obras e Mobilidade e responsábel do Rural, Demetrio Gómez, presentou hoxe na Comisión de seguimento -na que están os presidentes das tres comunidades José L. Parada Carballo ( A Canicouva), Diana Rodríguez Regueira (Tomeza)e Óscar Coto Pernas (Marcón)- o proxecto e o calendario de actuacións. A previsión é que as obras e traballos de acondicionamento do parque comecen neste ano.

A posta a punto inclúe o acondicionamento das tres áreas de descanso (estanciais) que terá o parque con plantación de árbores de sombra; recuperación de bosques de ribeira, novas plantacións, limpeza de especies invasoras; posta a punto de 26,6 km de sendas, tratamentos antierosión dos terreos, etc. A entrada ao parque será polo aparcamento en Outeiro Navío, onde chegan as vías asfaltadas.

Esta primeira actuación, a que sairá a contratación suporá un investimento de 604.794,23 euros e ten un prazo máximo de execución de 12 meses. O orzamento total do proxecto e de 2.704.794,23 euros xa que hai que sumar 60.000 euros/ano de mantemento. Os comuneiros ceden o uso das súas propiedades durante 35 anos o que suma un total de 2.100.000 neste apartado.

“Cando falamos do parque forestal periurbano da Fracha falamos dun monte produtivo compatíbel con usos sociais (uso e gozo da veciñanza), que tamén axudará a enfrontar os lumes. Falamos dun exemplo de política forestal” subliñou o concelleiro de Obras e Mobilidade.

“Non é un parque temático nin un xardín, senón 406 Ha. postas a producir nas parroquias de Marcón (110,72 Ha), Tomeza (36, 88 Ha) e A Canicouva (258, 40 Ha), elevadas sobre as rías de Pontevedra e Vigo con grandes valores paisaxísticos, forestais e produtivos” engadiu Demetrio Gómez.

ACTUACIÓNS PREVISTAS

– Revexetación forestal. Zonas A ou produtivas. 6.000 novos carballos

A1 – MARCÓN. 8 Ha de zona xa con plantación de frondosas.
Desbroce, limpeza manual, entresaca de plantas fallidas de máis de 7 anos Plantación de 3.340 carballos
Colocación de rede perimetral para defender a plantación do gando
A2 – TOMEZA. 6,5 Ha de recuperación forestal
Desbroce e limpeza manual, entresaca e poda de plantas de máis de 7 anos Plantación de 1.950 carballos
Colocación de rede perimetral para defender a plantación do gando.

A3 -A CANICOUVA. 3,5 Ha que se propoñen para o seu desbroce e preparación para a plantación de 700 carballos

– Áreas estanciais. Zonas B ou lúdicas. 500 novas árbores de sombra

B1 – MARCÓN – ÁREA DO OUTEIRO NAVÍO

  • 2 novos accesos en xabre de 280 metris e peche perimetral con valado de piñeiro
  • Reparación da fonte e nova traída
  • Colocación de 3 mesas accesíbeis
  • Esplanación de terreo para unha figura área de interpretación
  • Plantación de 200 carballos, 50 castiñeiros e 30 catalpas
  • B2 – TOMEZA – ÁREA E MIRADOIRO DA REGHA PIREIRA
  • Novo acceso de 185 metros e peche perimetral con valado de piñeiro
  • 8 mesas accesíbeis e 2 bancos
  • Plataforma para o miradoiro
  • Plantación de 70 carballos, 20 castiñeiros, 8 catalpas e 30 bidueiros

B3 – A CANICOUVA – ÁREA E MIRADOIRO DO COUTO DAS FORCADAS

  • Plantación de 70 carballos, 20 castiñeiros, 8 catalpas e 30 bidueiros
  • Novo acceso de 100 m e peche perimetral con valado de piñeiro
  • Nova fonte e nova traída de augas
  • Panel indicador da situación no parque e informativos das vistas dende o miradoiro
  • Zona de miradoiro
  • 3 mesas e dous bancos
  • Plantación de 60 carballos, 20 castiñeiros e 3 catalpas

– Recuperación ambiental das beiras dos ríos. Eliminación de de acacias e plantación de bosque de ribeira

1. Eliminación de acacias (invasoras)

Traballo que que hai que facer en 40 Ha localizadas en 5 zonas diferentes. Supón a corta de 160.000 plantas e tratamento: 4 veces o 1º ano; 2 veces, o 2º ; 1 vez, o 3º ano.

2.- Reposición de especies de ribera

Ameneiros, sabugueiros, freixos, castiñeiros e bidueiros en marcos de 3×3. Carballos en marcos de 2×2

– Recuperación, marcado e creación de sendas. 26,6 km

1. Sendas para bicicleta. Traxectos compatíbeis para circulación en bicicleta e camiñando, non para andar a correr coa bicicleta

2. Sendas para camiñar.
Hai treitos coincidentes entre unhas e outras.

  • Senda branca (1,6 km): suba ao Miradoiro de Outeiro Lourado que ten vistas das rías de Pontevedra e Vigo
  • Senda amarela (2,6 km): vai pola contorna do Outeiro Navío. Doada de percorrer.
  • Senda verde (10,7 km): poden percorrerse en bici ou a andar. Xuntan as tres áreas estanciais
  • Senda Azul (4,7 km): vai da Regha Pireira ao Couto das Forcadas polo Chan da Pedradela.
  • Senda Vermella (7 km): A de maior dificuldade. Vai do Outeiro Navío á Pena Longa de Pintos. Non vai ter máis de un metro de largo e pretende ser, no futuro cando as árbores medren, unha “senda botánica”

Acondicionamento do Miradoiro do Outeiro Lourado. Instalarase unha plataforma para gozar das vistas sobre as rías de Pontevedra e Vigo.