Limpeza de noiros en Monte Porreiro e a Parda de cara ao verán

25

    • Actuouse nunha superficie de 12.000 metros cadrados
      e tivo un custe de preto de 4.000 euros

O Concello de Pontevedra realizou nestas semanas traballos de limpeza e roza en distintos noiros urbanos da cidade para retirar a vexetación que creceu durante o inverno e a primavera, acondicionalos, deixalos en boas condicións de cara ao verán e evitar posibles perigos con lumes. Foi un traballo que realizou en 12.000 metros cadrados, especialmente no barrio de Monte Porreiro, e que tivo un custe de 3.484,80 euros.

O barrio de Monte Porreiro foi o principal punto de actuación. No ámbito das rúas Reino Unido e Luxemburgo actuouse para limpar os noiros lindeiros co edificio da igrexa católica, o instituto Luís Seoane, a escola infantil de Monte Porreiro, e o parque de lecer da rúa Reino Unido. Tamén se rozou unha esquina da rúa Luxemburgo.

A limpeza de noiros na zona urbana tamén se realizou no barrio da Parda entre os edificios do Conservatorio Manuel Quiroga e a Escola infantil da Parda.

COMPARTIR