Renovado o patrocinio ao campión do mundo de triatlón Javier Gómez Noya

20

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o patrocinio do triatleta Javier Gómez Noya por un importe anual de 24.100 euros. Asinarase por dous anos coa posibilidade de prórroga por un ano máis.

O Concello en entende que con este contrato ao deportistas máis laureado do triatlón no mundo, supón moitas vantaxes de imaxe para a cidade xa que pode levar o nome de Pontevedra por todo o mundo, e ao tempo permitirlle ao deportista seguir competindo ao nivel acostumado.