Limpeza e posta a punto dos areeiros dos parques infantís

31
  • Os traballos de mantemento abarcan unha superficie de 2.796 metros cadrados distribuídos en nove áreas de xogo e lecer

O Concello puxo en marcha un plan de limpeza e mantemento dos areeiros dos parques infantís do municipio. Os traballos de posta a punto inciden sobre unha superficie total de 2.796 metros cadrados, distribuídos en nove espazos de xogos e lecer de nenos e nenas.

Os areeiros tratados están situados nos seguintes parques:

  • O Mirador de Monte Porreiro (dous)
  • A Xunqueira (Illa do Covo)
  • A Corvorana (San Brais-Salcedo)
  •  Mollavao
  • Casal do Río (Tomeza)
  • Vilar (Ponte Sampaio)
  • Cogumelo (Campolongo)
  • Barcelos

Os traballos que se están a facer inclúe o remove de area, axudados por un motocultor, a reposición de material cando é preciso e o tratamento do areeiro cun produto antiparasitario e de hixienización do espazo.

A Oficina Técnica de Arquitectura (OTA) do Concello de Pontevedra coordina os traballos que son desenvolvidos pola empresa Instala. Supoñen un investimento de 12.062,34 euros.