O Concello rexeita a desafectación dos terreos da antiga Pontesa para súa posterior compra

40
  •  A solicitude formulada pola entidade ITAIPI-TRADE SL ten como finalidade a compra da parcela.
  •  Son terreos gañados ao mar que forman parte do dominio público marítimo-terreste e a súa desafectación só podería ser para recuperar a situación orixina

A Dirección Xeral de Urbanismo e Servizos Xerais do Concello de Pontevedra emitiu un informe negativo (desfavorable) á solicitude formulada pola entidade mercantil ITAIPU- TRADE SL de desafectación dos terreos ocupados pola desaparecida fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio. O informe preceptivo fora requirido pola Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

O portavoz do Goberno local, Raimundo González que fixo publica o ditame dos técnicos municipais sinalou que a petición formulada ten como obxectivo liberar os terreos, que están en dominio público, para posterior compra, unha finalidade privatizadora que choca de fronte coa Lei de Costas.

Segundo o informe municipal “a desafectación pretendida afecta a terreos gañados ao mar (recheos) que formarían parte do dominio público marítimo-terrestre, conforme a lexislación vixente en materia de costas (art. 4.2 da Lei de Costas), a súa desafectación só podería ser para recuperar a súa situación orixinal”.

Ademais se considera que a contorna inmediata onde estaba a antiga fábrica non perdeu as súas características naturais de zona marítima-terrestre e polo tanto “estes terreos tan valiosos deberán permanecer como dominio público para garantir a súa protección e o uso público”.

O informe alude tamén ao destino que se lle pretende dar aos terreos a desafectar: é para a súa posterior adquisición en interese particular “privatizando e mudando o réxime xurídico duns terreos, que por ministerio da lei, deben destinarse ao goce libre de todos os cidadáns”.

Informe Pontesa