Sétima Feira, éxito de vendas e afluencia e ar fresco no mercado

48
  • Na tempada que remata presentáronse 300 solicitudes de artesáns, artistas e pemes para participara neste mercado alternativo, admitíronse 148.
  • 828 nenos e nenas xogaron nos obradoiros infantís incluídos en SF.
  •  A Tenda Efémera -con novidades e unha nova localizión- tomará o relevo de SF en verán

A Sétima Feira despediuse ata o outono mais a estela de traballo, creatividade, interacción e posta en valor do mercado e do comercio local permanece. É tempo de balance. “Moi positivo polo número de vendas e afluencia e por ter sido o primeiro evento que apostou, e con éxito, pola dinamización do mercado ao facer del o seu epicentro” sinala a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías.

Sétima Feira é unha iniciativa da concellería que dirixe Anabel Gulías, un mercado alternativo de moda e arte que busca dinamizar a escena creativa da cidade favorecendo un espazo para a venda, apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.

“Hai satisfacción entre os expositores e entre o público, segundo as enquisas realizadas ao longo da tempada que rematou coa chegada do verán” engade a responsábel de Promoción Económica que lembra tamén o éxito das actividades infantís incluídas en Sétima Feira, que achegaron aos cativos ao mercado de abastos. Foron 828 os nenos e nenas que participaron nos obradoiros.

Nas dez edicións desenvolvidas dende setembro do 2016 ata xuño de 2017 foron presentadas na Oficina da Sétima Feira 300 solicitudes de artesáns, artistas e pemes vencelladas ao mundo da creatividade, moda e cultura para participar e instalar os seus postos no 1o andar do mercado, agás en dúas ocasións que saíron ao exterior, á rúa Serra. Destas solicitudes admitíronse 148, das que 113 foron distintas, e dicir, que 35 participantes repetiron experiencia.

Sétima Feira traballou ademais con sete empresas de Pontevedra de restauración e hostalería que se fixeron cargo dos vermús e degustacións feitas ao seu abeiro e desenvolveu actividades complementarias coa asociación Pedaladas, co estudo de fotografía Cristina Pontanilla e ca artista Alba Blanco e tamén coa Facultade de Belas Artes e a Escola de Deseño e Moda.

TENDA EFÉMERA

Pechada a Sétima Feira por vacacións de verán é a quenda dunha nova edición da Tenda Efémera que chega con novidades respecto ao pasado ano e cunha nova localización, segundo avanzou a concelleira Anabel Gulías.

A Tenda Efémera é un proxecto que mantén o espírito da Sétima Feira: favorecer o encontro de deseñadores de Galiza, mantendo unha vía de comercialización das súas creacións