Rede de infraestruturas deportivas: quenda do campo de fútbol de Xeve

24
  • O proxecto do campo de herba sintética de Gatomorto sae a concurso cun orzamento de 971.479,03 euros e un prazo de execución de seis meses.
  • A instalación terá 4 vestiarios e 2 para árbitros, e terá un terreo de xogo para fútbol 11 e dous para fútbol 7
  • Súmase aos campos de Cerponzóns, en proceso de contratación e os de Salcedo, Campañó e Ponte Sampaio, xa adxudicados

 

O Goberno local da un novo paso adiante no plan municipal de renovación e ampliación de infraestruturas deportivas do Concello que inclúe unha rede de campos de fútbol de herba sintética no rural. Acaba de aprobar o expediente de contratación das obras do campo de fútbol de Gatomorto, na parroquia de Santa María de Xeve.

En pleno proceso de revisión por parte dos técnicos municipais das xustificacións de seis das 23 ofertas presentadas para o proxecto de campo de fútbol de Cerponzóns, por suposta baixa temeraria, sae a licitación sae a licitación o proxecto de Xeve.

O concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González, lembrou que en Gatomorto fixéranse certas intervencións polo que se pretende aproveitar o desmonte feito no seu día así como a estrutura dunha edificación de vestiarios existente que se rehabilitará e manterase con pedra tal e como está concibido. O proxecto sae a licitación por 971.479,02 euros e un prazo de execución de seis meses.

O custe máis alto corresponde ao céspede de herba sintética: o 23% do orzamento total (aprox. 225.000 euros), seguida do da instalación eléctrica e alumeado que suma o 16,35% do total (160.000 euros aprox.).

Segundo explicou Raimundo González, o prego de contratación incluirá melloras a valorar por 110.000 euros: a posibilidade de que a concesionaria asuma o mantemento do céspede un tempo, equipamentos deportivos (porterías de fútbol 7 ou o marcador), un portalón de peche e valla perimetral ou un panel de formigón para gradaría.

O terreo de xogo de Gatomorto será de 105×63 metros, unhas dimensións que permitirá ter un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7. Está previsto que teña catro vestiarios de xogadores e dous vestiarios para árbitros. Botiquín, enfermería e almacén. Segréganse as entradas de público e xogadores ao campo.

A rede de campos de fútbol impulsada polo Concello inclúe ademais dos de Cerponzóns e Santa María de Xeve; os xa contratados de Salcedo, Campañó e Ponte Sampaio.

COMPARTIR