Conchi Pereiro, pregoeira das Festas da Peregrina 2017

120
  • É unha axente activa da vida económica, social e cultural da cidae: empresaria, directiva de Aempe, membro de Vaipolorío e dos grupos de música tradicional Os Saljariteiros e Trubincos do Batán
  • Da Silva (Festas): “Eliximos a unha muller loitadora e participativa, que está en todo”
  • Pereiro: “Síntome orgullosa de pertencer a esta cidae” que define como “de tamaño ideal, tranquila, cómoda e segura, moi participativa e cunha grande actividade cultural”
  1. Unha muller traballadora, loitadora e participativa, “que está en todo”. Así definiu a concelleira de Festas, Carme da Silva, á pregoeira das Festas da Peregrina 2017, Concepción (Conchi) Pereiro Ramos.

    A súa implicación na vida económica, social e cultural da cidade tamén aludiu o alcalde Miguel Fernández Lores quen lembrou que na elección da pregoeira/o que marca o inicio da semana de festas procúrase elixir a unha persoa “que represente valores” como Conchi ” que colabora sen contrapartida na vida social e cultural de Pontevedra”, sabedora de que a cidade ímola construíndo entre todas e todos. “Buscamos a unha persoa que sexa un exemplo, que represente aos moitos homes e mulleres que fan de Pontevedra unha cidade dinámica” porque “o importante da cidade é a súa xente”, engadiu o alcalde.

    Conchi Pereiro, que se recoñece no perfil “que está en todo”, declarouse “moi agradecida e moi orgullosa” do seu nomeamento como pregoeira das Festas da Peregrina. “Inda que non de nacemento, síntome pontevedresa, orgullosa de pertencer a esta cidade”, da que destaca que “para min ten un tamaño ideal, é tranquila, cómoda para vivir e segura, moi paricipativa e cunha grande actividade cultural e comunitaria” .

    A próxima pregoeira é unha empresaria do sector das axencias de viaxe, directiva de Aempe (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa); membro da asociación ambientalista Vaipolorío e de dúas agrupacións de música tradicional: canta no grupo Os Saljariteiros (Cantos de Taberna) e toca percusión no grupo Trubincos do Batán.

    “É un luxo para Pontevedra contar con mulleres así, dispostas sempre a colaborar en positivo polo ben da cidade ”, subliñou a concelleira Carme da “colaborar en positivo polo ben da cidade”.

    Conchi Pereiro sairá ao balcón do Pazo de Mugartegui para convidar aos pontevedreses e pontevedresas, achegados e visitantes a se mergullar nas festas da cidade. Seguirá a estela de outras (ata agora poucas) mulleres- pregoeiras das festas da cidade como Fina Casalderrey (escritora), Meli Fandiño (periodista) ou Andrea Bayer (artista).

COMPARTIR