Aberto ao público o rehabilitado estanque das Palmeiras

718

Quedou aberto para goce de nenos e nenas e dos maiores o estanque das Palmeiras. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Oubiña, achegouse ao lugar para ver o resultado dos traballos feitos.

Os traballos de recuperación do estanque incluíron a renovación dos circuítos da auga, coa inclusión de dous chafarís no interior; a colocación de ras novas; a limpeza e mellora do vaso con gresilla e ampliación da estancia dos parrulos. Puxéronse plantas acuáticas e iluminación led. Ademais arranxouse a contorna do estanque, chea de raíces que levantaran o camiño e as beirarrúas. Tamén instalouse un gran banco de madeira no frontal e unha bancada aproveitando o muro de separación da zona do estanque da rúa.

“Recuperamos o histórico estanque das Palmeiras, coas súas ráns, e o pombal. É unha intervención economicamente non moi custosa e que queda estéticamente bonita” sinalaba o alcalde Miguel Fernández Lores ao carón do “novo” estanque.

 

Quedou aberto para goce de nenos e nenas e dos maiores o estanque das Palmeiras. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Oubiña, achegouse ao lugar para ver o resultado dos traballos feitos.

Os traballos de recuperación do estanque incluíron a renovación dos circuítos da auga, coa inclusión de dous chafarís no interior; a colocación de ras novas; a limpeza e mellora do vaso con gresilla e ampliación da estancia dos parrulos. Puxéronse plantas acuáticas e iluminación led. Ademais arranxouse a contorna do estanque, chea de raíces que levantaran o camiño e as beirarrúas. Tamén instalouse un gran banco de madeira no frontal e unha bancada aproveitando o muro de separación da zona do estanque da rúa.

“Recuperamos o histórico estanque das Palmeiras, coas súas ras, e o pombal. É unha intervención economicamente non moi custosa e que queda esteticamente bonita” sinalaba o alcalde Miguel Fernández Lores ao carón do “novo” estanque.

A historia do estanque e a historia persoal e familiar de tantos pontevedreses e pontevedresas neste espazo emblemático quedará reflectida nunha exposición fotográfica que se vai a desenvolver no mes de setembro. A mostra contará con máis de 200 imaxes aportadas por veciños e veciñas de Pontevedra

O Pombal

A recuperación do estanque das Palmeiras complétase cunha intervención rematada con anterioridade: o pombal, no que a empresa especializada Cestola na Cachola recreou o “Eterno retorno”, o primeiro mural urbano da cidade.

Aproveitando a forma circular do pombal, creouse unha histórica cíclica. Na parte superior amósase a secuencia dunha eclipse dividida en fotogramas. Na parte intermedia, unha muller cos ollos vendados lanza frechas tratando de darlle á mazá que está sobre a súa cabeza, mais ao percorrer o muro as frechas voltan pola súas costas; na parte posterior outra muller cun escudo trata de protexer a ambas das frechas; e entanto, unha gran serpe percorre a escena ata morder a súa propia cola, envolvéndoas con ela.

Na parte inferior amósase un río circular que representa o río Lérez repleto de vexetación.

COMPARTIR