Comeza a rehabilitación integral do firme da rúa de acceso á residencia de Afundación

126

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá os traballos de rehabilitación integral do pavimento da rúa de acceso á residencia de estudantes de Afundación, unha estrada sen saída, perpendicular á avenida de Vigo.

Os traballos comezaron esta mañá coa retirada do pavimento actual que se atopa en moi mal estado. Ademais de repoñer a pavimentación, tamén se instalará unha canalización de evacuación das augas pluviais para evitar os asolagamentos e as pucharcas na rúa.

Finalmente repavimentarase toda a rúa, e instalarase sinalización horizontal e vertical. Tamén se pintarán as prazas de estacionamento co obxectivo de reordenar o tráfico na rúa, que na actualidade é bastante caótico.