Axudas para a rehabilitación con granito de fachadas. Convocatoria 2017.

647

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes (código do procedemento IN316A). Ver

Rematou o prazo para solicitar esta axuda.

Prazo para presentar as solicitudes: 07/07/2017 – 06/10/2017

ACTUACIÓNS

A actuación subvencionable será a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

  1. Tipos de fachadas subvencionables:
  • fachadas pegadas de granito
  • fachadas transventiladas de granito
  • fachadas de perpiaño

2. Condicións das actuacións:

  • situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
  • cumprir ou mellorar as esixencias mínimas que fixa o Cód. Técnico <DB-HE-1> así como as especificacións da Norma <UNE22203>

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Custo das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.
  • Custo de licenzas.
  • Custo de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente.
  • Custo dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e material illante.
  • Custo de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para o montaxe.
  • O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou as comunidades de propietarios.

CONTÍA DAS AXUDAS

O custo subvencionable máximo será de:

  • 110 € por metro cadrado no caso de fachadas pegadas de granito.
  • 140 € por m2 no caso de fachadas trasventiladas de granito.
  • 130 € por metro cadrado no caso de fachadas de perpiaño de granito.

A contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada e de 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  1. Lugar: vía electrónica https://sede.xunta.gal ou a través da páxina web https://appsdxem.gal/renovegranito,  as persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no a. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
  2. Prazo: 3 meses (07/07/2017-06/10/2017) agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.


Prazo máximo para xustificar a subvención ata o 1de decembrode 2017 (inclusive).

Máis información:
Na páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal, teléfonos: 981 957092 ou 981 545465, enderezo electrónico: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal ou presencialmente.

 

COMPARTIR