Axudas para a renovación de cubertas de tella cerámica. Convocatoria 2017.

650

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 19 de xuño de 2017_ DOG 31/12/2015 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para a renovación de cubertas con tella cerámica (código de procedemento IN423B). Ver

Rematou o prazo para solicitar esta axuda.

Prazo de presentación de solicitudes: do 7/07/2017 ao 6/10/2017

ACTUACIÓNS

1.- Tipo de actuacións:

  • cubertas existentes en edificios de vivenda colectiva

  • cubertas existentes en vivendas

  • cubertas existentes en edificacións anexas a ambos

  • non se subvencionan as renovacións parciais de cubertas

2.- Tipos de cuberta subvencionable:

  • cuberta de tella cerámica

3. Condicións das actuacións:

  • situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

  • cumprir ou mellorar as esixencias mínimas do Código técnico da edificación<DB HE-1>

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica.

  • Custo de desmontase das cubertas existentes.

  • Custo das montaxes das novas cubertas de tella cerámica.

  • Custo das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios ou proxectos de arquitectura ou enseñería na parte que correspondente ás actuacións que se vaian subvencionar.

  • Custo de licenzas.

  • O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as súas edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

O custo subvencionable máximo será de 55 € por metro cadrado de cuberta, a contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables.

SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  1. Lugar: vía electrónica a través da sede https://appsdxem.xunta.gal ou ben desde a páxina web https://appsdxem.xunta.gal/renovetella as persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares ou rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  2. Prazo: 3 meses desde o dia 07/07/2017

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SUBVENCIÓN

Prazo máximo para xustificar a subvención ata o 1 de decembro de 2017.

  • Declaración expresa de que o proxecto foi executado conforme o indicado na solicitude, de existir modificacións, achegarase un informe técnico ou documento cos datos e incidencias máis significativas

  • Documentación xustificativa do gasto:

    Relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade (anexo VI)

    Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa

  • Documentación xustificativa do pagamento:

    Transferencias, cerificacións ou extractos bancarios, nos cales deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento

  • Certificado, do produtor da tella cerámica, que acredite a súa calidade comercial

  • Certificación de fin de obra expedida polo técnico responsable, de ser o caso

  • Certificado de técnico competente, de que se cumpren ou melloran as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”

  • Reportaxe fotográfica coas mesmas imaxes que as presentadas coa solicitude despois da renovación realizada

  • Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (anexo VII)

Máis información:
Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal, no enderezo electrónico: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal, nos teléfononos: 981 957092/981 545588 ou presencialmente.

 

 

 

COMPARTIR