CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reuladoras para a concesión de subvencións para a renovación de fachadas e cubertas de lousa (código de procedemento IN314A). Ver
Rematou o prazo para solicitar esta axuda.
Prazo para presentar as solicitudes: 07/07/2017 – 06/10/2017
ACTUACIÓNS
A actuación subvencionable será a renovación de fachadas e cubertas existentes de vivendas unidamiliares ou edificios de vivenda colectiva, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha fachada ou cuberta de lousa. Non se subvencionarán as renovacións parciais da fachada ou da cuberta
1. Condicións das actuacións:
-
situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
-
cumprir ou mellorar as esixencias mínimas do <-DB-HE-1>
2. Gastos subvencionables:
-
Custo de desmontaxe das fachadas ou cubertas existentes e das montaxes das novas cubertas de lousa.
-
Custos de materiais das novas fachadas e cubertas de lousa. A lousa pertencerá, na súa calidade comercial, á primeira selección.
-
Custo das memorias básicas, informes técnicos, certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.
-
Custo de licenzas.
-
O imposto IVE, cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as súas edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
CONTÍA DAS AXUDAS
O custo subvencionable máximo será de 70 € por m2 de fachada e cuberta, a contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables.
SOLICITUDES. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
-
Lugar: sede electrónica https://sede.xunta.gal ou desde a páxina web https://appsdxem.xunta.gal/renovelousa soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992
-
Prazo: 3 meses desde o 07/07/2017.
Prazo máximo para xustificar a subvención ata o 1 de decembro de 2017 (inclusive).
Mais información:
Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal, enderezo electrónico: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal, teléfonos: 981 957092/981957258 ou presencialmente.