800.000 euros para o mantemento dos colexios dos vindeiros 4 anos

55

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación dos dous contratos para o mantemento dos colexios de Pontevedra por un valor de 100.000 euros cada un. As obras dos centros da zona norte foron adxudicados a Acevi que presentou unha baixa dun 24% e os da zona sur, a GPD que presentou unha baixa dun 25,5%.

Os contratos son por catro anos, polo que o investimento xeral para este período é de 800.000 euros para realizar pequenas obras de mantemento previamente definidas polos servizos técnicos municipais.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou esta mañá que con este contrato gáñase en sinerxías, redúcense os custes e elimínase burocracia administrativa xa que até o de agora realizábase un contrato por cada obra.