Casas executará a pavimentación do estacionamento do Pazo da Cultura

28

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación da mellora da accesibilidade no aparcadoiro do Recinto Feiral á empresa E.C.Casas por 228.541,81 euros. O prazo de execución da obra é de 3 meses.

A obra consiste na pavimentación do estacionamento e a mellora da seguridade viaria no tramo comprendido entre a avenida de Compostela e a Ponte dos Tirantes, así como da reparación das beirarrúas (arredor de 1.000 metros) para que o tránsito peonil sexa cómodo, seguro e accesíbel.

Ao tempo tamén se substituirán os servizos de subministro de auga potábel e de saneamento, ademais do soterramento da liña telefónica do Pazo da Cultura.

A pavimentación é de 6.000 metros cadrados, nos que hai marcados 184 estacionamentos para vehículos

COMPARTIR