A Feira Franca adícase este ano ao bestiario

485

    • Pechada a Oficina, presentáronse 120 solicitudes para instalar postos no mercado, 135 solicitudes de hostalería e 230 de xantares e ceas.

O Consello Aberto da Feira Franca acordou adicar a edición deste ano ao bestiario. Nas rúas de Pontevedra reviviranse os bestiarios reais e mitolóxicos do medievo durante a noite do 1 de setembro e toda a Feira Franca, que será o sábado, 2. De feito, as bestas xa teñen un especial protagonismo na Feira, que arranca todos os anos do desfile do viño, recreando a chegada do Ribeiro dende Ourense até Santa Clara, e de aí á praza da Ferraría onde se celebra a Feira Franca. Bois, vacas, ovellas… son protagonistas nesa xornada, un dos principais atractivos da festa.

Animais reais, pero tamén mitolóxicos forman parte da edición deste ano. As cocas, os dragóns, os grifóns… serán algúns dos animais monstruosos que se poderán ver na Feira Franca, e que envolven á festa da áurea de mitoloxía propia da época. Pontevedra revive nas gárgolas que penduran dos principais edificios eclesiásticos da cidade como en Santa María, esa mitoloxía de animais, monstruos e bestas.

Alonxada da mitoloxía medieval está a Oficina da Feira Franca que pechou as súas portas este luns rexistrando un novo éxito de inscricións. Segundo os recontos da Oficina, presentáronse 120 solicitudes para instalar un posto nos mercados de artesanía e alimentación, 135 solicitudes da hostalería do ámbito da Feira Franca, e 230 solicitudes de xantares e ceas na rúa.

Os datos amosan que a hostalaría se consolida como un actor fundamental da Feira e tamén se amosa un relevo xeracional o que asegura o futuro da Feira Franca. 

COMPARTIR