Terceira convocatoria do ARI para mellorar 63 vivendas nos centros históricos de Pontevedra e Estribela

6

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a terceira convocatoria dos fondos da Área de Rehabilitación Integral (ARI) nos ámbitos de Estribela e do Centro Histórico de Pontevedra. Nesta terceira convocatoria aprobáronse 30 actuacións máis no Centro histórico cunha contía de 357.587 euros; e 33 novas actuacións no núcleo histórico de Estribela por 161.262 euros. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo neste último caso son pequenas reformas, pero todas elas necesarias para ir recuperando os dous centros históricos da cidade.

A axuda económica é por un importe máximo do 35% do custo subvencionable das
actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, e cunha contía
máxima por vivenda obxecto de rehabilitación de 11.000 euros.
Con estas axudas poderanse acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos
edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de adaptación á
normativa; eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios…

COMPARTIR