O Goberno local adxudica obras e subministros por 1,4 millóns

86

+ Segue a estender o modelo de calidade urbana polos barrios e parroquias o que inclúe redutores de velocidade: agora arredor do núcleo de centralidade de Cerponzóns

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe adxudicacións de obras e subministros por valor de 1.423.282 euros. “Non está mal para o mes de xullo, estamos falando de case o 10% dos investimentos iniciais do Concello” indicou o portavoz do Goberno municipal e responsábel de Contratación, Raimundo González.

As actuacións adxudicadas inclúen dende a adquisición dun furgón policial á actualización da cartografía municipal, pasando por obras de mellora da accesibilidade e mobilidade, subministro de auga ou equipamentos deportivos. Precisamente a contratación da rehabilitación do núcleo de centralidade de Cerponzóns levou ao portavoz do Goberno local a transmitir unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza desta parroquia e do rural en xeral en relación coa implantación de medidas de calmado de tráfico nas súas estradas, “Están certamente preocupados porque non queren que lle corran polas súas estradas pero que non se preocupen porque seguiremos estendendo o modelo urbano a todo o rural o que inclúe os redutores de velocidade”.

As obras e subministros adxudicados foron os/as seguintes:

  • Adquisición dun furgón de atestados para a Policía Local.

Importe, 82.940,62 euros
Empresa, Vitrán Automocón SL
Melloras incluídas: incremento do tempo de garantía da mecánica en 3 anos e do tempo de mantemento da chapa e pintura a 11 anos

Dotación de suministro de auga aos Os Areais, en Mourente

Importe, 84.022,20 euros
Empresa, Oserco
Melloras: 50 metros lineais máis de tubaxe e iincremento do grosor da reposición asfáltica

– Campo de fútbol Chan do Monte, de Cerponzóns

Importe, 864.972,38 euros
Empresa, Prace.
Prazo de execución, 6 meses
Melloras na urbanización, peche e mantemento do céspede por máis 100.000 euros

– Actualización da cartográfica de todo o Concello

Importe, 106.346 euros
Empresa, Cartografía e Medicións SL
Execución, 4 meses.
Melloras: incremento do número de planos de escala 1:100 (300 máis)

– Acceso avenida Camelias. Actuacións en materia de accesibilidade e mobilidade

Importe, 123.577,30 euros Empresa, Naturgalia
Execución, 3 meses
Melloras: instalará máis luminarias

– Rehabilitación do núcleo de centralidade de Cerponzóns

Importe, 161.424,74 euros
Empresa, EC Casas
Execución, 4 meses
Melloras, incorpora bancos e mobiliario.

COMPARTIR