O novo contrato da Auga inclúe un investimento mínimo de 14,5 millóns para saneamento

33
  • Este mínimo permitirá abordar o saneamento das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido
  • A nova empresa adxudicataria terá que asumir o mantemento das fontes públicas,contadores, acometidas de auga e rede de saneamento

O Concello de Pontevedra ultima o expediente para a renovación da xestión indirecta do servizo municipal de Auga que incorpora importantes novidades respecto á concesión vixente e que inclúe importantes investimentos e vantaxes para os veciños e veciñas de Pontevedra. O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación e do Ciclo da Auga, Raimundo González, subliñou que calquera empresa que opte ao novo contrato da Auga terá que facer un “investimento mínimo” de 13 millóns de euros na rede de saneamento e pagar un canon en “cash” ao Concello de 1,5 millóns polo uso da rede.

“Estes a lo menos 14,5 millóns de euros podería abordar sen ningún problema o saneamento das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido” sinala o Raimundo González quen subliña que estes cartos serían o investimento mínimo porén se unha empresa quere acadar o concurso terá que incorporar melloras adicionais. “Con este contrato vaise a rematar case na práctica totalidade o saneamento do rural” resume o concelleiro responsábel de Contratación e do Ciclo da Auga.

Por outra banda a adxudicataria do novo contrato asumirá o mantemento das fontes públicas, os contadores, as acometidas de auga e da rede de sumidoiros. Esta mantemento a cargo da empresa que presta o servizo suporá un importante alivio paras as comunidades de veciños/as e propietarios que ata agora tiñan que xestionar os arranxos e pagalos.

O concelleiro Raimundo González adiantou que no futuro, e co novo contrato en marcha, haberá que facer unha modificación da ordenanza fiscal “xa que se vai a pagar o que se consume realmente non o que se factura” o que implica a desaparición do pago da cota “mínima”. “Non suporá un incremento da taxa se non que cada quen pagará o que consuma” subliñou o portavoz do Goberno local.