Rehabilitación de Tristan de Montenegro e Pratería Vella, novos servizos e mellor accesibilidades

84
  • A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, visita as obras que se están a facer con fondos do ARI e anuncia que terán continuidade nas rúas Eirado de Alvar Páez (2º tramo) e San Martiño

As obras de rehabilitación das rúas Tristán de Montenegro, Pratería Vella e un tramo de Eirado de Alvar Páez -incluídas nos fondos ARI concedidos para o centro histórico da cidade- enfrontan a recta final. As previsións sitúan a finais de setembro o remate das mesmas. A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, visitou hoxe esta zona do centro histórico acompañada polo arquitecto municipal, Ángel Velando e de Pilar Señoráns, presidenta da Asociación de veciños de Santa María e aproveitou o momento para anunciar que a renovación de servizos e pavimento terá continuidade nas rúas Eirado e San Martiño

“O resultado do que vemos é amplamente satisfactorio, non tanto pola solución estética que tamén seno pola cantidade de servizos instalados. A zona quedará perfectamente rehabilitada para vivendas e outros usos” sinalou a concelleira de Urbanismo para lembrar que o obxectivo é poder ter un casco histórico “vivo”.

Anabel Gulías agradeceu publicamente á veciñanza de Santa María a súa colaboración, “os veciños e veciñas fixeron de vixiantes das obras e achegáronnos suxestións que melloraron o resultado final”.

A rehabilitación das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella está a cargo da empresa Ediserpo en tanto que a obra de Alvar Páez é de EC Casas.

As obras visitadas hoxe pola concelleira de Urbanismo inclúen a renovación completa do pavimento que agora queda con bandas de pedra que confinen un chan realizado con pedra tipo chapacuña e a instalación dos seguintes servizos:

  • Rede soterrada de abastecemento de auga potable. Renovación total
  • Rede soterrada separativa de augas sucias e pluviais
  • Rede soterrada de gas natural. Non existía
  • Alumeado público. Na actualidade a canalización é aérea e substitúese por outra soterrada, ademais de acometerse a renovación completa das luminarias
  • Canalización soterrada dos subministro de enerxía eléctrica.
  • Canalización de cable de fibra óptica. Realizarase a canalización soterrada en toda a rúa

A renovación e instalación de novos servizos foi destacada pola presidenta da Asociación de veciños de Santa María, Pilar Señoráns que tamén puxo en valor a preocupación amosada na reforma por garantir a accesibilidade.