Estacionamento en prazas para persoas con mobilidade reducida, baixo control

40
  • A Policía Local formulou no que vai de ano 32 denuncias por uso fraudulento e delas dúas -por presunta tarxeta falsa e coa implicación dun concello- foron remitidas á Fiscalía
  • O traballo da Policía Local e a colaboración cidadá vai da man
  • No 2016 houbo 168 denuncias estacionar indebidamente fronte a 399 no ano 2011

A solidariedade e colaboración da xente e mais un efectivo e intenso traballo da Policía Local combate con éxito o uso indebido das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. “Estamos facendo un seguimento do uso das tarxetas de estacionamento e tamén unha especial vixilancia para que esas prazas só sexan utilizadas por persoas que teñen dereito a facelo” explicou a concelleira de Seguridade Cidadá Carme da Silva quen subliña que utilizar esas prazas cando non se debe ou facer un uso fraudulento de tarxetas é un comportamento tremendamente insolidario”

No 2016 detectáronse 11 usos fraudulentos de tarxeta e no que levamos de ano foron 32, informou a concelleira. Un dato que non implica un maior número de casos se non “que acredita que se están adicando efectivos a realizar este traballo específico e tamén a colaboración cidadá, que está moi sensibilizada con este tipo de comportamentos e avisa cando hai un uso non correcto” explica a concelleira de Seguridade.

Das 32 denuncias:

  • 12 por uso indebido das prazas por parte de persoas que non tiñan dereito a facelo
  • 4 por usar tarxetas de persoas falecidas
  • 12 por uso de tarxetas caducadas
  • 2 por tarxetas falsas
  • 2 por fotocopias de tarxetas que se está a comprobar se son verdadeiras ou non

Polo que respecta ás tarxetas falsas detectadas a información foi remitida á Fiscalía de Pontevedra. Nos dous casos, os denunciados levaban fotocopias de tarxetas. No primeiro,  o condutor alegou que perdera o orixinal e aportou para que lle retiraran a sanción un certificado do seu concello de orixe. Feita a comprobación na Xunta, resultou que a tarxeta estaba caducada dende o ano 2012. No segundo, o denunciado aportou outro certificado do mesmo concello e neste caso a comprobación ante a Xunta deu como resultado que a persoa titular nunca tivera nunca tarxeta.

A concelleira Carme da Silva quixo pór en valor o traballo feito pola Policía Local pois “require un atento seguimento” do que está a acontecer para demostrar que se está a facer un uso fraudulento de tarxetas e agradeceu a colaboración da veciñanza.

Hai casos do máis variado: xente que estaciona nas prazas para persoas con mobilidade reducida para ir ao ximnasio; xente que creen que teñen praza privada; os usan tarxetas de familiares mesmo falecidos, etc.

A crecente concienciación social e a solidariedade, e o traballo policial, está detrás tamén descenso de sancións (multas) por uso indebido de prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, No 2011 foron 399 as denuncias cursadas, no pasado ano foron 168 (dun total de 12.656 sancións por mal estacionamento).

Evolución das denuncias:

ANO                 DENUNCIAS

  • 2011              399
  • 2012              390
  • 2013              385
  • 2014              298
  • 2015              210
  • 2016              168
COMPARTIR