Un contrato marco de mantemento, de 200.000 euros/ano, axilizará as obras nos coles

39

+ No que va de ano, e co vello sistema de contrato por obra, investiuse 113.500 euros en arranxos e posta a punta das escolas e gardarías

+ A revisión de baixantes e canalóns, de cubertas e dos aseos serán as próximas actuacións, xa programadas

O Concello reformula o marco de contratación para acometer as obras de mantemento dos centros educativos públicos -21 escolas mais as escolas infantís (garderías) da Parda e Monte Porreiro- co fin de eliminar a burocracia administrativa e axilizar a resposta ás necesidades dos colexios. Se ata hoxe as obras de mantemento facíanse a través de contratos parciais- cada actuación co seu correspondente tramitación- agora un contrato xeral de mantemento, asumido por dúas empresas, cubrirá as pequenas obras e arranxos previamente definidos polos servizos técnicos municipais.

O contrato xeral de mantemento suporá un investimento de 200.000 euros anuais – 100.000 euros xestionados por cada unha das empresas- de tal xeito que nos catro anos de vixencia que terá serán 800.000 euros os destinados polo Concello ao coidado dos colexios. A empresa Acevi atenderá as necesidades dos centros do norte do municipio e GPD farase cargo dos situados no sur.

A concelleira de Educación, Carme Fouces, subliñou a importancia da reformulación da atención ao mantemento das escolas e lembrou que a atención do Concello aos escolares de Pontevedra traspasa as portas dos centros educativos. Un bo exemplo son os proxectos de calmado de tráfico que se están executando no entorno dos CEIP de Lérez, A Carballeira- Lourizán e San Martiño-Salcedo. “Trátase de ordenar as esperas dos nenos e nenas cando saen, os aparcadoiros, a seguridade fundamentalmente” explica a concelleira, unha actuación na que se está investindo máis de 300.000 euros e cuxas obras están na recta final.

Inda que ata agora non tiñamos os novos contratos xerais “os coles durante este ano os estiveron atendidos co vello sistema de contratación parcial” sinala a concelleira de Educación quen informou que, dende xaneiro ata xullo, foron executadas obras de mantemento por valor de 113.502,19 euros. “Quedan 100.000 euros que se executarán con novo contrato de aquí a final de ano” engadiu Carme Fouces.

Obras realizadas:

CEIP de Campolongo

  • Substitución de fiestras en corredor interior, 4.282,19 euros
  • Reparación do falso teito, 774,40 euros

EEI Crespo Rivas

  • Reparación de dinteis deteriorados, 2.764,45 euros

CEIP Manuel Vidal Portela

  • Colocación da porta de seguridade na aula de ordenadores, 837, 32 euros
  • Pavimento en aula de informática, 2.633,69 euros
  • Arranxo da tubería xeral de abastecemento de auga, 1.541,40 euros
  • Eliminación de grafitis e pintadas, 6.726,00 euros
  • Instalación de timbre de emerxencia para aula de Infantil, 2.633,02 euros

CEIP Froebel

  • Reparación de paramento vertical, 798,60 euros

Gardería da Parda

  • Creación de espazo para garda de cadeiras de bebé, 26.321,43 euros
  • Colocación de porta de cociña, 331,06 euros
  • Reforzo de portas de saída, 2.868,91 euros
  • Subministro de estor, 326,70 euros

EEI Fina Casalderrey

  • Reposición de falso teito, 3.686,26 euros
  • Tratamento de seguridade e antiesvaramento no pavimento exterior, 786,50 euros
  • Reparación de persianas, 254,10 euros

CEIP Xunqueira I

  • Arranxos de reparación de soportes e pinturas (interior e exterior), 26.576,73 euros
  • Reparación de chanzos de escaleira,10.504,01 euros
  • Reparación da porta automática de acceso, 1.654,07 euros

CEIP Xunqueira II

  • Reparación do canalón do pavillón deportivo, 649,77 euros
  • Subministro de persianas, 237,35 euros

CEIP Ponte Sampaio

  • Subministro de materias para peche con fronte ao vial, 4.436,16 euros
  • Man de obra para fabricación e colocación de módulos de peche, 4.230,16 euros

CEIP de Campañ

  • Traslado de xogos infantís e labores de mantemento, 2.717,36 euros

CEIP de Cabanas-Salcedo

  • Colocación de pasadores de seguridade en fiestras corredeiras, 455,20 euros

CEIP San Martiño-Salcedo

  • Arranxo da porta automática, 526,35 euros
  • Sacar redes e poñer novas e suxeitar a rede de protección do parque, 360,58 euros

CEIP de Lérez

  • Reparación de danos do temporal, 3.588,41 euros

A concelleira de Educación, Carme Fouces, apuntou que de aquí ao final de ano, e xa cos novos contratos xerais de mantemento, vaise a acometer as seguintes actuacións dun xeito inmediato:

  • revisión as baixantes e canalóns de todas as escolas antes de que cheguen as choivas para que non haxa atascos, co que supoñen de inundacións e problemas posteriores
  • revisión das cubertas dos colexios
  •  iniciar as obras de interior que sexan necesarias pero que non interfiran na actividade educativa. Se fora preciso algunha actuación que molestara ao desenvolvemento da escola, agardaríase as vacacións de Nadal
  • revisión xeral dos aseos